aturuxo bar|bueu

Próxima actuación: Venres 5: Django Brothers
 

FOROS: XERAL

eu | 25/10/2006 13:22
salvemos masso
grupo ecoloxista Luita Verde presentou varias alegacións ao plan de usos proposto pola Autoridade Portuaria de Vigo para a zona norte da ría.

Entre as alegacións destacan especialmente dúas, as que fan referencia ao traslado das naves de Fandicosta, en Domaio; e Frigoríficos del Morrazo, en Cangas. O colectivo entende que ambas «poden e deben» estar ubicadas nun parque industrial en terra. Desde xeito, liberaríase espazo de dominio público, evitaríanse verquidos á ría e contaminación acústica. A superficie liberada quedaría para actividades de lecer.

O colectivo ecoloxista propón, ademáis, a desafectación de varios tramos de costa, incluindo o que a Autoridade Portuaria destina en San Adrián para usos náuticos deportivos e o espazo destinado ao porto deportivo de Massó.

Propón asimesmo a desafectación da zona de reserva entre a praia do Mouro e o varadeiro próximo a praia da Queixeira, xa que se trata dun varadeiro en desuso; do tramo que une a praia do Latón e a depuradora e entre a praia do Cocho e a canteira do mesmo nome.

Luita Verde entende que o espazo que vai desde o dique de abrigo do porto de Cangas e Frigorificos debe pasar a ser competencia de Portos de Galicia, non da Autoridade Portuaria de Vigo, e tamén a franxa costeira da fachada sur a vella nave conserveira

En canto ao proxectado porto deportivo de Massó, o colectivo lembra que hai unha zona afectada que forma parte do espazo natural denominado Cabo Home
  • salvemos masso (eu)