Contrasurco (email) |
27/12/2003 19:24
novidades en contrasurco
Contrasurco, o portal adicado o rock en Galicia ven de renovarse.
Acabamos de estrear unha “radio”. Un reproductor a tempo real de cancións (para banda ancha) que está dedicado a grupos galegos e que vai cambiar cada 15 días. Desta primeira tanda hai cancións de: Amaghúa!. Los Faltones, Ruxe Ruxe, Jolie Rouge e Rever.
Ademáis temos novos contidos como un reportaxe sobre os Resentidos, a reseña da maketa de Los Faltones e o disco de Pablo Novoa, Un completo repaso o último Santirock, fotos das Gore Gore Girls e os Megapuple Sex Toy Kit, un novo comic de Peptxo e os artigos de opinión de o Taberneiro Lamentable e Motupropio
E por suposto noticias,os listados de grupos e bares, a máis completa axenda de concertos e o noso interesantísimo foro.
Non deixedes de visitarnos!
Xa sabedes, estamos en
www.contrasurco.com
-
novidades en contrasurco (Contrasurco)