aturuxo bar|bueu

Próxima actuación: Sábado 22: João Gentil e Luís Formiga
 

FOROS: XERAL

tracatrum | 11/04/2006 17:22
SKACHA + TIRO NA TESTA + SOAK / Gravación DVD+CD ó Vivo 21-04-2006
CEIBE, VIOLENTO & FURTIVO TOUR

GRAVACIÓN DE CD+DVD AO VIVO

SKACHA + TIRO NA TESTA + SOAK

Venres 21 de abril - Sala NASA - Santiago D. C.
ás 21h. Punktualísimos!!! entrada 5 Ecus

------------------------------ ------------------------------ -

Sábado 22 de abril - Sala Rock Club - OURENSE
ás 21h. Punktualísimos!!! entrada 6 Ecus (con consumición)
(aquí non se grabará nada)

Para algúns son tres das bandas máis representativas do punk-rock galego, para outros son tres conxuntos formados por impresentables que se dedican a lanzar improperios polos altofalantes aderezados con ruido infernal e distorsionado. Para moitos non son nada porque nin sequera se decatarán de que existen… Fartos de tanto discurso estes tres grupos veñen deixar claro que as cousas a medias son cousas mal feitas, polo que dende a máis pura e incontestable autoxestión continuarán a sua xira lonxe de circuitos comerciais… sempre ceibes, sempre violentos e sempre furtivos, pero ante todo sempre coas ideas claras, os amplificadores as costas e as guitarras non demasiado desafinadas. Para que todas e todos poidan corroboralo, desta vez farán escala en Compostela, e deixarán constancia desta andaina mediante a grabación do concerto para formar parte dun próximo DVD ao vivo.

Enxendrados hai tres lustros no barrio vigués de Coia chegarán os SKACHA coa sua apisonadora sónica e o seu bo facer fruto de tantos anos de intachable actitude. Dende o lugar de Filgueiroa (parroquia de Donramiro) son os TIRO NA TESTA, contestatarios rapaces que dende a Galiza máis profunda e caciquil (terras do Deza) arremeten con retranqueiros e molestos textos políticamente incorrectos. A descarga furtiva, como non, virá de máns (e gorxas) dos “abuelitos” SOAK, arrexuntados alá a finais dos anos oitenta nas loitadoras e mariñeiras terras do Morrazo.