Cangas en loita |
06/04/2006 12:21
CONCENTRACIÓN NA AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO
CONCENTRACIÓN NA AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO.
SALVEMOS MASSÓ!!
Para mañán Venres día 7 de abril, as 12 da mañan, a Confraría de pescadores de Cangas convocou unha concentración na Autoridade Portuaria de Vigo denunciando que as administracións competentes aínda non tivesen a ben aplica-la paralización definitiva das obras do porto deportivo que se quere facer en Massó. Os mariñeiros contarán co apoio do Foro Social pola Defensa do Pobo e de tódolos colectivos e veciños que así o desexen.
Para levar adiante esta mobilización quedouse ás 10:30 da mañán diante da lonxa. Ás 11:00 poderán saír ata tres autobuses para levar ós veciños ata a Autoridade Portuaria onde nos manifestaremos.
Agardamos contar coa vosa presenza.
SALVEMOS MASSÓ!!!
-
CONCENTRACIÓN NA AUTORIDADE PORTUARIA DE VIGO (Cangas en loita)