anónimo |
24/03/2006 01:23
un socio de amesapolanormalizacionlinguist ica
SOLICITA E ESIXE SERVIZOS DE CALIDADE A ESTAS COMPAÑÍAS:
CHAMA:
Calquera compañía telefónica ofrece aos seus clientes con contrato a posibilidade de emitir as facturas en galego. Solicita ese servizo. A chamada é gratuíta.
Vodafone ten un servizo de atención ao cliente en galego das 8 h ás 24 h. Solicítao chamando gratuitamente a 123. Esixe tamén a atención en galego as 24 horas do día. Nestes momentos non hai opción de atención en galego para os contratos de empresas.
Movistar ofrece só para os clientes con cartón prepagamento a activación de todos os servizos en galego. Chama ao 220 e actívao. Os clientes de contrato non dispoñen de atención en galego; deixa a túa queixa no 609. Unha vez estabelezas contacto co teu interlocutor, pide que che pasen co 'coordinador', que é quen realmente debe receber as queixas. A chamada é de balde. Outra opción é chamar ao Centro de relación co cliente, é o 109 desde o telemóbel ou o 1486 desde o fixo. Tamén podes deixar a túa queixa a través de internet na seguinte web.
Amena non dispón de servizo de atención ao cliente nin mensaxería en galego, deixa a túa queixa, sen custe ningún, no 470 se chamas desde un móbil Amena, ou no 656 00 14 70 se chamas desde outro teléfono. Si que é posíbel activar o teu correo de voz en galego, así que non deixes de facelo.
-
un socio de amesapolanormalizacionlinguistica (anónimo)