aturuxo bar|bueu

Próxima actuación: Sábado 22: João Gentil e Luís Formiga
 

FOROS: XERAL

festa en Masso | 31/12/2005 00:38
celebracion do fin de ano em Masso contra o porto deportivo
O Foro Social de Cangas vos convoca para unha pequena celebración de Fin de Ano, mañán sábado 31 as 16:30 nas obras (paralizadas) do porto deportivo de Salgueirón.

Seguimos a tentar que non se consume a venda de Cangas ao mellor postor, polo momento os montes de Aldán seguen a ser bosques, o banco pesqueiro de Salgueirón segue a dar bruños e nécoras e ainda non temos que entrar en litixios porque as nosas propiedades estan incluidas nun area de reparto.

Desexamos que o ano 2006 lle permita ao pobo de Cangas seguir dispoñendo do que é seu e que haxa paz e xustiza para todos e todas.

Nos miramos mañán as catro
FORO SOCIAL DE CANGAS
  • celebracion do fin de ano em Masso contra o porto deportivo (festa en Masso)