foro social |
28/09/2005 17:52
MARINA ATLANTICA CONTINUARA CON LAS OBRAS DEL PUERTO DEPORTIVO
MARINA ATLANTICA CONTINUARA CON LAS OBRAS DEL PUERTO DEPORTIVO DE MASSO
Ayer, tras más de dos horas de reunión con los políticos y la cofradía, no se alcanzó ningún acuerdo, por lo que el promotor anunció su intención de continuar las obras de relleno
O FORO NON FOI ADMITIDO NA REUNIÓN POR DECISIÓN PERSOAL DO ALCALDE
Unha ducia de participantes no Foro esperabamos as cinco o inicio da reunión. Unha vez mais o actual alcalde de Cangas rexeitou a presencia dun portavoz do Foro, asumindo persoalmente a decisión.
Como sempre, a "transparencia" por diante. ¿Onde está o proxecto do porto de Massó?. Queremos mirar o estudio de impacto ambiental e que o pobo de Cangas coñeza a severa afección ao noso medio natural e aos nosos recursos. Queremos que nos aclaren todas as irregularidades que son evidentes na tramitación dos permisos.
¿Onde está a xustificación da necesidade dun porto deportivo?¿Como se pode tapar a fachada ao mar dunha zona que ate o momento, co Plan Xeral e os convenios suspendidos, é nun 90% industrial?. ¿Quen cree que o progreso pode estar no negocio multimillonario dun especulador de Vigo e os que o apoian.
A zona industrial promovida por Zona Franca na Portela está bloqueada e é un exemplo mais de especulación cos montes comunais. A zona de Salgueirón é a zona industrial por excelencia de Cangas. Queremos a súa reactivación xa. Queremos inversión de cartos públicos en Cangas, que lle quiten das mans aos especuladores as areas estratéxicas para o desenvolvemento económico. ¿Parque tecnolóxico?¿Pol ígono adicado a acuicultura?¿Cetáreas?¿Niños para novas empresas?...Incluso unha marina seca ben feita... O que non queremos son centros comerciais, hoteis e restaurantes de luxo para venderlles marisco marroquí e facerlles as camas aos ricos de fora, porque así nos non o seremos nunca.
Se vendemos Cangas, que é o que quer Sotelo e compinches, matamos a galiña e non haberá mais ovos. A vida se encarecerá e nos toparemos sen terreos, sen mar, sen montes e sen cartos. Queremos un Cangas natural, sen recheos, con industria limpa, con calidade de vida e un futuro sostible diante. MOVILIZATE XA

-
MARINA ATLANTICA CONTINUARA CON LAS OBRAS DEL PUERTO DEPORTIVO (foro social)