foro social |
20/09/2005 16:28
o ke pasou no ultimo pleno
O pleno da tarde fíxose bronco, o alcalde empezou crecido, pode ser que porque esta vez o salón de plenos non se acabou de encher, e xa comenzou marcando formas de mestre de escola franquista e expulsando aos veciños que ousaban expresar a súa opinión, cousa normal cando o que estás a escoitar son as burdas mentiras de sempre, a ocultación e as provocacións estudiadas para chegar a onde mais lle interesa ao "desgoberno" municipal: a fuxida das responsabilidades e a imaxe de víctima ante catro alborotadores.
É señeira a expulsión de Francisco, que seguramente é a primeira vez que ven a un pleno, por recriminarlle ao alcalde que deixara falar a unha veciña implicada no tema do que se estaba a tratar. A xente de Cangas sabe da categoría humana de Francisco, pero parece ser que o alcalde só entende de autoritarismo (Francisco lle recriminara publicamente en outra ocasión a retirada do monolito de homenaxe as víctimas da guerra civil, entre as cales estaban dous familiares seus). Para mais INRI, a foto de Francisco saíu no Faro do domingo como exemplo dos alborotadores dos plenos....
Con respecto dos puntos da orde do día:
· A típica moción que xa non tiña que chegar a un pleno para que o concello reclamara a un constructor que reparara unha mina de auga estragada
· O tema do porto deportivo, tratando o equipo de desgoberno de negar que o concello informou favorablemente e sen consultar a oposición cando se presentou o proxecto básico, caéndoselles a baba ao mentar a Norman Foster e poñéndose claramente do lado dos promotores e en contra dos mariñeiros e o pobo de Cangas. O portavoz municipal do PP (Sr. Marinelli), dentro da súa tónica habitual de desinformación alega non ter competencias cando o sr. Alcalde realizou multitude de visitas a Madrid, ó propio Ministerio de Medio Ambiente, para preocuparse do porto de Aldán e do paseo de Vilariño.A oposición presentou unha postura común considerando inaceptábel deixar comezar as obras ao mesmo tempo que se empezan as negociaciacións "nas que se empeza de cero" en torno ao plan xeral e a ordenación e posible recalificación dos terreos de Salgueirón.
· O tema do Hospital Comarcal: do público saíu unha idea brillante, que poña o terreo o Charrúa.¿Pode ser unha boa ubicación algún curruncho dos 150.000 metros cadrados do Salgueirón?..
· O tema dos tres millóns e medio dos convenios (3.500.000 Euros), quixose despachar coa fuxida de sempre, se amosaron dúbidas sobre a capacidade técnica de Marinelli no tema económico, Clara Millán citou palabras textuais de Mr. Ubaldino "teño ao concello trincado", se persistiu coa negativa de clarificar o tema, para non ter que dar explicacións Marinelli comenza provocando e dicindo que o tema económico é tan complexo e o nivel intelectual do público tan baixo que excusa explicalo.... en fin, ¿que queredes que pense a xente?, ¿onde está o diñeiro?
Claro, somos alborotadores, collente mexando no mar e te empuran, outro mata un banco marisqueiro e é un inversor que traballa polo ben común, e cala. A Voz de Galicia non deu a noticia da paralización das obras, non debía ter espacio, sen embargo o día 14 lle dedicara unha folla a detallar as características do proxecto e presentar unha marabillosa fotoficción.
Ninguén nomea a Caixanova como a financeira do proxecto. ¿É a mellor opción económica para Cangas vender lámina de auga pública para beneficio particular?¿Ten un mínimo de sostenibilidade?¿Hai consenso ou é unha operación escura mais?
¿Pode ser a solución de todo meter no Xulgado aos que se opoñen e expresan a súa opinión e as súas dúbidas?..
O saberemos nos seguintes capítulos de esta tétrica serie...
foro social
-
o ke pasou no ultimo pleno (foro social)