Alex "Máster" (email) |
11/05/2008 16:15
Re: KEN É O MELLOR?
Pra min os mellores son Chus, o de Marín, que está estudiando no Musikele en San Sebastian. ë un gran batería de jazz e ten colaborado con xente como Abe Rábade e Paco Charlí. Estudiou no Seminario Permanente e tamén estivo estudiando percusión sinfónica no conservatorio. Ten colaborado tamén varias veces coa banda de música artística de Bueu. Movese en diferentes estilos, lee ven, ten contundencia na pegada e moita estabilidade no ritmo. É moi profesional, sabe adaptarse ó contexto no que está. Max, o de Moaña ten características similares (tamén colaborou con Abe e Paco). A verdade é que non sei cal dos dous pode ser meior ( anque na música e no arte en xeral non hai mellor nin peor, so "diferente"). Tamén están: Alex o cantante e lider do grupo Super T, anque é máis considerado cantante e teclista a verdade é que Alex é un multinstrumentisa moi completo e como tal tamén toca a batería. Ten unha pegada e un tempo moi regulares, un oido acolloante que lle permite descifrar ritmos complexos moi facilmente, amplos coñecementos da mecánica e tecnoloxía do instrumento ( tipo de materiais, herraxes, disparadores, módulos de sonido,...).Ademáis é un magnífico programador de ritmos e tamén toca o octapad e outros instrumentos de percusión como as congas, o djembé, a güira, etc. Michi, o técnico de son, é outro dos baterías máis versátiles da nosa comarca. Estudiou sinfónica e jazz. Ten unha pegada moi sutil para o jazz, movese en diferentes estilos e ritmos, contrala outros instrumentos de percusión ( incluso percusión definida: marimbas, vibráfonos,...), sabe leer, etc.
Chegados a este punto ocúrrenseme tres posibilidades:
1º Que sexas unha destas catro persoas, o cal dubido porque a humildade destas persoas non lles permitiría dici-las paisadas que ti escribiches amigo BATAKA.
2º Que sexas unha sorpresa aínda por coñecer. Nese caso gustaríame coñecerte (pero non demasiado, debes ser bastante repugnantiño).
3º que sexas idiota.
Despois estarían por exemplo:
Marcos (Soak), un bo batería de punk e rock con boa pegada e estabilidade no tempo. É moi interesante o seu traballo con The Gorras, recomédochos ( non hai dobles bombos nin ritmos rápidos, pero si hai uns matices que son ó que os que saben lle chaman música). O seu defecto é a falta de academicismo e coñecementos musicais e a falta dun maior repertorio de rtmos de distintos estilos.
Kacho ( La Tuna Rastafari), inda que a maioría vos cae como unha patada no cú, a verdade e que é unha persoa cunha gran musicalidade e que se move como peixe na auga en distintos estilos e ritmos ( motivo polo cal contamos con el na "Tuna", a máis de ser un dos fundadores,, pese que a moitos vos moleste). Ademáis todo o equipo que emprega e propio ( algo no que pecan a maioría, que andan de prestado). O seus defectos son a incapacidade de tocar suave e ... que se coloca demasiado.
Juan (Jit, Fainoti), unha xoven promesa (creo que ten 16 ou 17 anos). Estudia sinfónica no conservatorio de Pontevedra. Movése facilmente en diferentes estilos, pero habrá que esperar un par de anos para que saia da infancia musical e gañe máis estabilidade no tempo. Podes velo o próximo sábado no Atu con Jit, recoméndocho.
O rapaz que toca con El Tolo, eso é un bo batería de rock. habrá que esperar para ver se continúa tocanto e mellora co tempo.
O de Defekto Optiko ( sintoo pero non me acorda o seu nome), non é un mal exemplo de batería de punk-rock.
Hai un tipo que vive pola Magdalena, creo que se chama Rober, tocou con Giorgio na Maquina do Tempo, é moi agradable de tocar con él, cunha pegada sutil, acómodase moi ben ós músicos cos que está tocando.
O rapaz de Ente facía tamen bastante ben o seu labor denttro do seu estilo (por certo, éste si que lle daba moito ó doble bombo).
Despois, na percusión están Esky (La Tuna Rastafari), Anxo Graña (freelance) e os rapaces de Freetanga. E na percusión tradicional, por suposto, os rapaces de Quempallou.
Seguro que hai máis ( é imposible coñecer a tódolos músicos da túa comarca cando non hai unha asociación que os coordine un pouco a todos ou polo menos os cense) e algún que me olvido, pero a parte destes que nombrei, a maioría non son máis que rapaciños con ganas de facer ruido e beber de moca que nin sequera se poden considerar bateristas, polo menos de momento. Habrá que ver quen continúa e mellora, quen abandona e que segue toda avida sendo un rapaciño con ganas de facer...etc.
O dito, pra min os catro primeiros que mencionei son os mellores bateristas que eu coñezo da nosa ben querida comarca do morrazo.
Un saúdo e unha aperta pra todos.Vémonox.
Alex Lorenzo " Máster" ( diplomado en Educación Musical e membro activo de varios grupos como La Tuna Rastafari, Fainoti, Dúo Expresivo, etc.).