aturuxo bar|bueu

 

FOROS: XERAL

Xan | 29/03/2005 22:21
Rompe a dinámica
¿q nos está a pasar? Parece q chega un punto no q a presión externa fai q nos encerremos en nós mesmos, atrincherándonos contra o mundo. Os problemas son máis problemas e son só nosos. Na nosa debilidade esquencémonos de pedir axuda, compartir os pesares cos amigos pertence a outra época, nós, e nós sólos sairemos adiante. Cada vez máis o noso universo redúcese a unhas cantas rutinas como poden ser o traballo, a nosa parella ou saír tomar unhas copas, alquilar unha película. Aillámonos pensando q temos todo o q precisamos dentro da nosa burbulla, deixamos de compartir pra acumular, enchemos a nosa celda pra non sentirnos tan vacíos.
Chegamos entón a un punto no q as nosas certezas se convirten en lei: "a vida é así", dicimos pros nosos adentros. E abandoamos a loita, calquer esforzo por romper esta dinámica, por desfrutar dun xeito distinto, parécenos inútil ou cando menos demasiado grande pra realizalo nós sós, pois as persoas q nos rodean seméllannos demasiado lonxanas.
Outros o dixeron antes: únete, busca, loita, un mundo mellor é posible, pois a utopía non trata do irrealizable senón do irrealizado ata o dagora.