desidia |
09/03/2005 18:21
tempos escuros
Cando adicaremos unha sección para os perdedores nesta web de contidos varios? a soidade como única compañeira,conversacións baleiras que se multiplican coma lesmes fedorentas nas esquinas dos bares...a desidia da mocidade por temas que de verdade nos interesan a todos.Son moitas as veces que torno unha mirada o pasado e me decato que perdemos a guerra, que os vencedores modelaron esta sociedade o seu gusto, por moito que pensemos que estamos a vivir nunha democracia, que indo a concertos ou bebendo ata escachar somos libres e lle damos unha patada no cú a alta burguesía e mentira, estamos a vivir tempos escuros, triunfou a dictadura do capital.