aturuxo bar|bueu

Próxima actuación: Venres 5: Django Brothers
 

FOROS: XERAL

Retrouso | 04/12/2007 14:14
Esta ponte: Obradoiro de palletas e pallóns en Cela
Do xoves 6 de decembro ao sábado 8 a Asociación Cultural Retrouso vai realizar o seu primeiro Obradoiro de construción de palletas e pallóns.

Serán tres días (xoves, venres e sábado), de 4 a sete da tarde, na escola vella do Torrecino (enriba do centro sociocultural de Cela, en Bueu).

Vaino ofrecer o artesán de gaitas e frautas do Hío Cristóbal Prieto, tamén mestre da actividade de gaita da Asociación Retrouso.

O obxectivo non é converterse nuns especialistas construtores de palletas e pallóns senón máis ben descubrir o sistema de construción para coñecer máis a fondo o instrumento e perderlle o medo á hora de manexalo e afinalo.

Os interesados deberán pagar 10 euros por asistir ao obradoiro. Podedes apuntarvos mandando un correo electrónico ao retrousocela@hotmail.com ou chamando ao teléfono 686 440 108.

Os asistentes, en podendo ser, deberán levar unha navalla pequena ben afiada e, se teñen, uns alicates acabados en punta.

máis información:
http://www.blogoteca[...]x.php ?cod=27085