amarante |
11/05/2007 20:40
Comercio xusto no Aturuxo
AMARANTE estará presente en 5 cidades no
Dia Internacional do Comercio Xusto
EN PONTEVEDRA NA FERRERIA
Oficina de prensa de Amarante, 11 de maio 2007 .- A ONG AMARANTE chega o
remate da VII Semana Galega do Comercio Xusto celebrando mañá, 12 de
maio, o Día Internacional do Comercio Xusto que este ano está marcado polo
aumento da nosa presenza noutras vilas galegas e a variade de actividades.
Entre as conclusións do Seminario sobre Compra Pública Ética que viuse
celebrando ao longo desta semana na Universidade de Compostela cabe
suliñar os exitos xa logrados ata agora ( con xa máis de 100 maquinas de
vending de café de comercio xusto nas administracíon públicas de Galicia )
e cxo compromiso de Pedro Vila, subdiretor xeral de contratacións da
Xuntade Galicia de apostar nas contratacións de uniformes da politica
autonómica pola roupa limpa.
Medio centenar de activistas de Amarante se movilizarán este ano para
estar presentes en Santiago, Vigo, Pontevedra, Ribadeo e Bueu para
celebrar o día do comercio xusto que adicamos o téxtil.
Así ademais de ampliar a nosa presenza este ano contamos ademáis dos
stands de comercio xusto e degustación de productos de comercio xusto, a
proxección do documental "China Blue", exposicións sobre as condicións
laborais nas fábricas do textil, concertos, e performance e mercadillo de
troco de Roupa (coa colaboracion de Verdegaia)
Co lema "Limpa a túa roupa de Inxustizas", Amarante quere achegar ós
galegos e as galegas a situación dos países do Sur e as condicións de
explotación que sofre nas fábricas do téxtil nas que cosen a maioría da
roupa que nós vestimos. Solo 4 países (Marrocos, China, Turquía e e
India) producen o 40% da roupa que se viste en España.
SÁBADO 12 DE MAIO: DÍA DO COMERCIO XUSTO
· Pontevedra: Praza da Ferrería de 11,00 a 14,30 horas
Stands e degustación de Comercio Xusto
Tendal de camisetas, (ven e escribe a túa denuncia)
Concerto de Gustavo Almeida e a súa banda
DOMINGO 13 DE MAIO: CLAUSURA
Concerto dos RUXE RUXE no ATURUXO BAR de BUEU. A partir das 21,00 horas
Manuela Rivas Couceiro
Coordinadora Local
AMARANTE
Federación Setem
Rua da Ponte, 8. 36002 PONTEVEDRA
Telefax: 986 84 81 59
www.amaranteong.org
-
Comercio xusto no Aturuxo (amarante)