aturuxo bar|bueu

Próxima actuación: Sábado 22: João Gentil e Luís Formiga
 

FOROS: ACTUACIóNS: Responder

Mensaxe orixinal

KAMI (email) | 23/02/2007 19:34
Berri Txarrak + Nao ( A Tiradoura)
BERRI TXARRAK + NAO

VENRES 9 MARZO
SALA NASA – COMPOSTELA
Hora: 22:00 Prezo adiantada: 10 € Prezo mesmo dia: 13 €
Entradas á venda: Zurich-SCQ , Gong , Tipo (Compostela) Maldizer (A coruña)

SABADO 10 MARZO
C.S. A TIRADOURA – CANGAS
Hora: 22:00 Prezo adiantada: 10 € Prezo mesmo dia: 13 €
Entradas á venda: Maix (Vigo) , A cova da laxe (Cangas) , Tipo (Pontevedra)

------------------------------ -------------------------

BERRI TXARRAK
A estas alturas ninguén pon en dúvida que Berri Txarrak ,despois de 5 discos que supuxeron en cada aparición un novo chanzo, que subiron, con risco e firmeza , son a banda de rock alternativo mais importante do estado e con mais repercusión internacional , proba de-lo é a xira que agora dan comezo por toda Europa e Asia, e asi nas primeiras datas esta a sua visita a Galiza , para despois actuar en Taiwan , Xapon , Alemaña , Suiza , Franza....
Berri Txarrak fundouse no 95 , respetados polo público , conseguiron acadar unanimidade da crítica e medios especializados, e é que cada vez que dan vida un novo traballo, o aclaman como o mellor do ano, e ninguen e capaz de poñer límite as suas posibilidades.
Non é doado definir a música de Berri Txarrak , mistura de sentimentos , excitación , saben mergullarse con facilidade no Punk , Rock alternativo , Hardcore , Pop melódico....definitivam ente son unha banda diferente.
Discografia
 Maketa 1995
 Berri Txarrak 1997
 Ikasten 1999
 Eskuak/ukabilak 2001
 Libre 2003
 Jaio musika hil 2005

NAO
Coa aparición da sua segunda demo “Somos”, Nao deron o golpe definitivo, con descaro e afiada contundencia , para colocarse como a referencia mais interesante do futuro da música galega , escollidos pola revista mais importante de rock do estado, Rockzone, no mes de Febreiro, como mellor demo. Todo isto provoca unha expectación e interés como facia tempo no noso pais non acontecia.
O teñen todo , forza , raiva , atitude , un estilo proprio , unhas letras diferentes ó que un esta afeito , entre a poesía e a narración , amor...desamor , sentimento , soños .....
Discografia
 Demo “ Usa a palabra” 2006
 Demo “Somos” 2006

www.berritxarrak.net www.myspace.com/somosnao

Mais informacion info@kamikazeproducions.com telf: 615236053

A túa resposta

   
(*) Datos obrigatorios.
Utiliza a vista previa. Non se permiten etiquetas HTML.