aturuxo bar|bueu

 

ACTUACIÓN

Aturuxo > Arquivo de actuacións > Abril 2002 > Cube + Marf (14-04-2002)
Domingo 14 de abril de 2002 | Música
Cube
(Rock metal, O Porriño)
Marf
(Hardcore melódico, A Coruña)
21:30 h / 3,50 euros

Cube realiza unha mestura de rock e metal, apostando por bases rítmicas contundentes en consonancia cunha melodía predominante ó longo da práctica totalidade dos temas, pero afastándose, sen menosprezalo, do nu-metal e cousas parecidas. Cube opta máis polo rock clásico pero deixando concesións ós novos tempos que corren, por iso basea os seus temas na espontaneidade e plasticidade, bebendo de todo tipo de influencias e estilos.

Cun estilo moi persoal que eles prefiren simplificar en hardcore melódico, Marf expoñen no seu traballo Donde ríe el sol problemas e solucións, sentimentos tristes e alegres, expresados de maneira crúa, transparente e original, tanto é así que xa están influenciando a xente cos seus ritmos e ideas. As súas influencias son grupos de hardcore melódico, non melódico, punk... son influencias que se deixan ver nas gravacións e concertos desta banda que ten coma filosofía o bo humor.

Visita a web de Cube