A compañía nace no ano 2000 coma consecuencia da unión de tres actores andaluces formados no C.A.T. (Instituto del Teatro, Centro Andaluz de Teatro).
Nun principio as cancións de Guillermo Orrico (voz y guitarra), composicións moi elaboradas con gran contido social e cargadas de ironía con tintes sureños, son a excusa perfecta para que xunto a Manolo Caro (voz e percusións) comecen a súa andadura musical en salas de concertos, pubs e bares.
Conforme o número de actuacións aumentaba,tamén o facían a improvisación e a teatralidade do espectáculo, respondendo á necesidade de tres actores que non se podían conformar cun mero concerto e apoiando así unhas letras comprometidas co noso momento histórico, tratando temas coma a afluencia masiva de "pateros", as diferentes adiccións que xera unha sociedade consumista ou o efecto globalizador europeo.
De aí xorde a idea do seu primeiro espectáculo músico-teatral: "Spain is INdiferent!".