aturuxo bar|bueu

 

ACTUACIÓN

Aturuxo > Arquivo de actuacións > Febreiro 2004 > Eslabones + Maggot Brain (22-02-2004)
Domingo 22 de febreiro de 2004 | Música
Eslabones
(Pop rock, Vigo)
Maggot Brain
(Rock&Roll, Estremadura)
21:30 h / Prezo por determinar

Maggot Brain

Formáronse en xuño do 2001 por músicos de outras formacións. O seu nome collérono do título dunha canción de Funkadelic, que traducido significa “cerebro de lombriz”.

O estilo definiríase como unha adaptación do hard rock de toda a vida aos sons do rock actual, con influencias tanto de blues e garage como de grunge e stoner. En definitiva, rock’n’roll cabezón, sudoroso e guitarreiro do de sempre.

No seu repertorio desta noite atoparemos temas propios misturados con versións de Black Sabbath, The Rolling Stones, Jimi Hendrix, Neil Young, etc… donde os gustos dos compoñentes saen a relucir.

Con moi boas críticas deste 2º disco que veñen presentar, “Second Sudance”, e mogollón de concertos por toda a península, son músicos que se toman a música en serio e non nos deixarán indiferentes do bo espectáculo que manteñen en cada escenario que pisan.

Un rock que non entende de xeracións de nin consideracións… calidade…

Eslabones

Compoñentes

  • José Mª Valeiras
  • Francisco Valeiras
  • Fernando Gamboez
  • Daniel Perdiz

Visita a web de Maggot Brain