aturuxo bar|bueu

 

ACTUACIÓN

Aturuxo > Arquivo de actuacións > Abril 2002 > Cormorant + Total Cannabis Addiction (07-04-2002)
Domingo 7 de abril de 2002 | Música
Cormorant
(Rock alternativo)
Total Cannabis Addiction
(Metal Rock, Elche)
21:30 h / 4,00 euros

Tras cambiar de formación e incorporar novos músicos, TCA prepárase para afrontar o seu futuro removendo conciencias e dispostas a estremecer o público. A banda acaba de presentar o seu segundo traballo, Sin opción. O álbum preséntase cunha extensa gama de estilos musicais que abarcan dende o rock ata o metal, tremendas liñas de baixo, trepidantes cambios de voz e unhas guitarras capaces de transportarte cara ós mellores riffs dos últimos anos.

Despois de pasar polo metal, trash, progresivo e nu-metal, Cormorant móvese nestes momentos polos camiños do rock alternativo, combinando potencia e melodía cunhas letras moi traballadas e moi persoais abertas a múltiples interpretacións. Isto reflíctese á perfección no seu segundo disco Expansión, sobre todo en cancións coma Fisura, Hoy ou Laberinto de ficción. O grupo tamén se atreve a explorar diversos estilos, como ocorre en Quimera ou Expansión. Así mesmo, non falta un certo toque de novo metal en Animal.

Visita a web de Cormorant