aturuxo bar|bueu

 

ACTUACIÓN

Aturuxo > Arquivo de actuacións > Xaneiro 2004 > Vetusta Morla (11-01-2004)
Domingo 11 de xaneiro de 2004 | Música
Vetusta Morla
(Rock, Madrid)
22:00 h / Prezo por determinar

O sexteto madrileño aproveita o seu quinto aniversario para promocionar en directo o seu último traballo, La cuadratura del círculo, por distintas cidades españolas. Dende o seu comezo en Manchester ata a consagración en Madrid pasaron por diferentes estilos ata conseguir un son orixinal e moi característico no que encaixan á perfección as melodías en castelán coas potentes bases rítmicas e ambientes eléctricos do seu Manchester natal.

Soan a flashes na noites, relatos de Paul Auster, imaxes da Velvet, esputos de Bukowski, aventuras de Kerouac, espacios de Pink Floyd, fotos de Bresson, lamentos de Jeff Buckley, miradas de Win Wenders, vellas radios destartaladas, furgonetas que non terminan de arrincar cando o público así o pide e un final con regustiño a gazpacho.

Visita a web de Vetusta Morla