Domingo 10 de marzo de 2002 | Música
Alcohol Jazz
(Jazz Funk, Madrid)
21:30 h / 4,00 euros
Inspirados na música das series policiacas dos anos setenta (Starsky & Hutch, Hawaii 50, Los Ángeles de Charlie, etc) fan do alcohol e os clubes nocturnos unha auténtica amalgama reservada só para os noctámbulos máis freaks.
Órganos Hammond, guitarras trepidantes, cálidos ventos e ritmos con garra conforman o cocktail perfecto que fará mover o esqueleto a todas as pistas de baile da xeografía peninsular e parte do estranxeiro.