Concerto-presentación do fanzine de UHP Distro Puercoespín Zine.
Os asistentes recibirán coma agasallo unha copia do fanzine.
Unha pantasma, a pantasma da monotonía, ameaza as nosas vidas, tratando de que estemos impasibles, sen movementos... agonizando na tranquilidade do non pensar... do non cuestionar...
UHP distro xurdiu un pouco a consecuencia deste ata que que sufrimos todos/as o noso ollo critico, para anulalo... naceu coma unhas poucas follas cheas de detalles dunha vida chea de crítica... e con algo da música que me facía pensar... pouco a pouco foi crecendo a idea de que igoal que podía editar unha revistiña, podía editar un cd... un vinilo, ou unha cinta... non hai límites, e iso si, non perder excesivos cartos... e así foi como naceu UHP distro, como forma de editar material e de mover o material que outra xente en calquer punto do mundo edita, coa mesma ilusion coa que nós o facemos..
Todo isto sen esquecer, que formamos parte dunha opcion politica, da negacion de que só servimos para producir... pezas dun engranaxe... somos de ideas libertarias e esas ideas estan no concepto do noso traballo e da forma de entendelo...
¿Por que este concerto? Este concerto servirá para dar unha visión á xente de que calquera pode facer o que facemos nós, e incluso melloralo... calquera... con ilusións e un pouco de sentimento...
Mostrar que hai outras alternativas no mundo musical e en definitiva editorial ás tendas capitalistas... iso é o que pretendemos hoxe...
Quen queira saber algo máis: www.uhpdistro.tk.