Domingo 24 de marzo de 2002 | Música
Colás y las naranjas azules
(Pop, Vigo)
21:30 h / 3,00 euros
Formados en agosto de 2001, influenciados pola tradición do pop britanico de todas as décadas, dende Kinks a Travis pasando por T. Rex, Jam, Madness...
Integrados por J. Santirso (batería), Saul Puga (baixo), David Rodríguez (trompeta) e Nicolás Pastoriza (voz e guitarra), proveñen de bandas viguesas como Dr. Cotomondongo, Los Ernestos ou La Marabunta.
Din que o seu hobby favorito é "copiar" de Ray Davies o seu gusto polas melodías pop así como a súa cínica e áspera maneira de contemplar a vida diaria en Londres, neste caso en Vigo.