A sua andaina comenza no ano 93, dende aquela comenzan a incursión na música cunha serie de traballos, colaboración en recopilatorios, e actuacions en prazas, salas, etc.
Obrint Pas foise convertendo nun dos grupos mais populares do País Valencià cos seus innumerables concertos e o atractivo da súa música. Avanzando polo novos camiños da variedade e sons actuais con música tradicional.
A traxectoria de Obrint Pas (3 cds publicados) sempre foi a dun grupo comprometido e crítico no seu propio contorno. As súas letras en català xunto cos ritmos subversivos integran solvencia nas tradicións e cultura popular.
Ritmos simpáticos, forza eléctrica e pinceladas melódicas despertan a parte mais sensible da consciencia nacional.
No disco que veñen presentar, Terra, editado por Propaganda pel Fet, descobren o carácter xenuíno e contestatario da súa formación, a visión da dignidade, solidariedade, loita, paisaxe, cultura, sentimento... Sexan benvido/as.
Este concerto está incluído no programa Artistas en Ruta da AIE.