aturuxo bar|bueu

 

ACTUACIÓN

Aturuxo > Arquivo de actuacións > Marzo 2002 > Yuri y su orquesta de cosmonautas (17-03-2002)
Domingo 17 de marzo de 2002 | Música
Yuri y su orquesta de cosmonautas
(Space Folk Cabaret)
21:30 h / 4,50 euros
Yuri non puido impedir o corte do subministro eléctrico da Mir. Os Cosmonautas, chegados de todas partes (España, Rusias e Américas diversas, Australia, Escocia...), acabaron nun lixeiro asentamento en Barcelona: producto quizais de certas faladurías sobre o carácter cosmo-polita de dito lugar. Atrapados e seducidos, o seu recente encontro levounos a arrincar dende aquí a súa viaxe cara a diferentes órbitas. O espectáculo entrelaza a música, a poesia e o teatro, así como unha performance de feitos absurdos a primeira vista que cumpren a única función de suxerencia. O único obxectivo desta “exploración espacial” é a de elevar a imaxinación do público cara as alturas, máis alá da razón e da palabra.

Visita a web de Yuri y su orquesta de cosmonautas