aturuxo bar|bueu

Próxima actuación: Venres 10: “Cocktail máxico” Mago Cali
 

ACTUACIÓN

Aturuxo > Arquivo de actuacións > Febreiro 2002 > Raúl Alcover a Antonio Toledo (01-02-2002)
Venres 1 de febreiro de 2002 | Música
Raúl Alcover a Antonio Toledo
(Granada)
21:30 h / 4,50 euros

Raúl Alcover

Cantante, compositor e productor, nado en Granada.

Admirado e respectado no panorama musical, é considerado pola crítica e os profesionais coma un dos músicos, compositores e intérpretes máis interesantes de maior proxección de futuro

Con el colaboraron gran parte dos mellores músicos e intérpretes do estado: Chano Domínguez, Rubém Dantas, Jorge Pardo, Miguel Ríos, Antonio Carmona, Antonio Canales, etc.

A súa música reúne elementos diversos: sons mediterráneos, africanos, caribeños... elementos jazzísticos ou de pop-rock sinfónico. Esto conleva unha fusión novidosa e interesante.

A súa vena flamenca resoa nalgunhas composicións interpretadas por: Carmen Linares, Diego El Cigala, Chonchi Heredia, etc.

A súa traxectoria de productora e arreglista para Los Activos, Enrique Morente, etc.

Compartiu escenario con Chico Buarque, Rick Wakeman (Yes), etc. Tamén foi nominado ós Premios Goya de Cinematografía e ó Premio da Crítica, sendo elixido Compositor Revelación do ano 88.

Nesta actuación virá acompañado de Antonio Toledo (guitarra).