aturuxo bar|bueu

 

ACTUACIÓN

Aturuxo > Arquivo de actuacións > Xaneiro 2003 > Jorge Retamoza & Tango XXX (26-01-2003)
Domingo 26 de xaneiro de 2003 | Música
Jorge Retamoza & Tango XXX
(Tango, Arxentina)
21:30 h / 4,00 euros

Quinteto de tango liderado polo saxofonista Jorge Retamoza formado no ano 1990, no que inicia unha exploración de alguén que vindo dunha escola jazzística ofrece a súa propia versión dun Buenos Aires actual.

Teñen catro CDs no mercado (Tango XXX, Violentango, Policial Argentino e Balvanera), Ofrecen composicións orixinais, versións de Piazzolla e Rovira, máis algún clásico nun conglomerado que agora comeza a coñecerse baixo o nome de música post-Piazzolla.

As obras creadas e interpretadas por este quinteto son unha mostra das posibilidades estéticas da chamada música cidadá.

Compoñentes

  • Jorge Retamoza, saxo
  • Germán Martínez, piano
  • Alejandro Szabo, bandoneón
  • Daniel Míguez, batería
  • Lisandro Fiks, contrabaixo

Visita a web de Jorge Retamoza & Tango XXX