aturuxo bar|bueu

 

ACTUACIÓN

Aturuxo > Arquivo de actuacións > Decembro 2002 > Kultur Shock + Os Jarbanzinhos (29-12-2002)
Domingo 29 de decembro de 2002 | Música
Kultur Shock
(Metal Xitano, Bosnia-Bulgaria-EEUU-Xapón)
Os Jarbanzinhos
21:30 h / ANT:5,00 euros / TAQ:6,00 euros

O prezo da entrada inclúe unha consumición de cervexa ou refresco.

¿New Metal xitano? ¿Música protesta folk-punk dos Balcáns? Esta mestura discordante de voces chillonas, guitarras aplastantes, metais, ritmos e escalas de Europa do Leste ábreche os ollos.

En 1992 Gino Yevdjevich -–xunto con outros músicos que quedaron en Sarajevo durante a guerra de Bosnia—escribiu, compuxo e realizou o musical “Hair: Sarajevo, A.D. 1992”, que gañou fama e recoñecemento internacional. O seu éxito levou a Gino ós EEUU para facer unha xira organizada polo director de cine americano Phil A. Robinson (Field of Dreams) e a cantante de folk Joan Baez. Agora vive legalmente nos EEUU considerado coma un “estranxeiro cunha habilidade excepcional”. A limpeza étnica, os refuxiados e as bombas en Iugoslavia son secuelas escalofriantes do que pasaron en Bosnia.

O guitarrista Val uniuse ó grupo no verán de 2000, tocando as guitarras, programando e cantando no conxunto. Tanto el coma o batería de Kultur Shock, Borislav Lochev, teñen unha longa historia de colaboración musical, que procede dos anos 80, cando eran membros dun cuarteto de rock progresivo de Bulgaria. Borislav e Val desertaron despois de que Radio Liberty emitira unha das súas cancións políticas criticando o goberno comunista. O guitarrista Mario Butkovich de Bosnia-Herzegovina é a arma secreta da música gypsy folk do grupo. Á pregunta de como aprendera a tocar a “guitarra gypsy”, como a chama el, sen darlle importancia di: “Durante seis anos nun campo de refuxiados en Croacia”. E o baixista Masa Kubayashi de Tokio, Xapón, cun expresivo “ton baixo” que vén da súa gran aptitude para o son duro e intenso.

O alcance de expresión e a exuberancia que transmite Kultur Shock condúceos a unha encrucillada de influencias, a un son sen tristura nin penumbra. Todo o contrario, o espectáculo de Kultur Shock é dun optimismo selvaxe, coma o hedonismo incontrolado das vodas xitanas.

Abrirán o concerto Os Jarbanzinhos, algúns dos compoñentes de O Jarbanzo Negro, que xa teñen tocado no local.

Visita a web de Kultur Shock