aturuxo bar|bueu

Hoxe: “Cocktail máxico” Mago Cali
 

ACTUACIÓN

Aturuxo > Arquivo de actuacións > Novembro 2002 > Farrapo de Ghaitax + Korrosiva (17-11-2002)
Domingo 17 de novembro de 2002 | Música
Farrapo de Ghaitax
(Punk rock, Moaña)
Korrosiva
(Hardcore, Segovia)
21:30 h / Prezo por determinar

Korrosiva é un grupo musical de Segovia que leva xa máis de 5 anos no mundo alternativo da música. Fai 3 anos gravaron a primeira maqueta e en agosto do 2001 sae o primeiro CD Mundo de Mascaras, que presentan estes días por terras galegas. O venres 15 de novembro en Carballiño (Ourense), no pub Tubos; o sábado 16 en Vigo na Cova dos Ratos; e o domingo 17 no Aturuxo en Bueu. Actualmente Korrosiva está preparando o seu segundo CD. O seu estilo musical está preto do hardcore, non deixando de lado a fusion doutros estilos.

Farrapo de Ghaitax é unha banda do Morrazo, concretamente de Moaña. O seu estilo entra dentro dun punk-rock variado, donde en directo sacan as versions das suas mellores bandas dentro do mesmo estilo. Xa pasaron polo Aturuxo compartindo escenario con Síndrome de abstinencia de Baleares.