aturuxo bar|bueu

Hoxe: João Gentil e Luís Formiga
 

ACTUACIÓN

Aturuxo > Arquivo de actuacións > Outubro 2002 > Edu Bighands & Whiskey Tren (20-10-2002)
Domingo 20 de outubro de 2002 | Música
Edu Bighands & Whiskey Tren
(Blues, Madrid)
22:00 h / 4,00 euros

Edu Bighands é un guitarrista e cantante de blues cunha proxección internacional impresionante. É un estudioso e gran coñecedor do xénero, dende o seu estilo máis antigo e rural (guitarra acústica e en solitario) ata o blues eléctrico. Acompañado da súa banda, Whiskey Tren, fará as delicias de todo o público.

En 1999 gravou o seu primeiro mini CD, We love the life we live (Gaztelupeko Hotsak) e en 2002 gravou o seu primeiro disco xunto a Whiskey Tren, Beethoven Hot Sessions Vol. 1 (Guindilla Records).

Cómpre facer mención da súa presencia nos festivais de blues de Córdoba e Algeciras en 2001, e Antequera (Málaga), Reus (Tarragona), Cazorla (Jaén) e Cerdanyola (Barcelona) en 2002, compartindo cartel con artistas da talla de Skeeter Brandon, John Primer e Raimundo Amador.

Compoñentes

  • Edu "Bighands": voz
  • Oskar González: guitarra
  • Phineas Sánchez: baixo
  • Ángel Garriga: batería