aturuxo bar|bueu

 

ACTUACIÓN

Aturuxo > Arquivo de actuacións > Outubro 2002 > Lily Berlín (13-10-2002)
Domingo 13 de outubro de 2002 | Música
Lily Berlín
(Cabaret alemán, Galiza)
22:00 h / 4,50 euros

Lily Berlin é un dúo formado por Suso Alonso, pianista clásico, cunha longa traxectoria no mundo teatral, Carlos Ariel, violonchelista, e Blanca Cendán, actriz, que vén de recoller as súas experiencias na cidade de Berlín e plasmalas neste repertorio Weill-Eisler-Brecht con incisión na Opera dos tres peniques no que dan vida a dous fuxidos do imperio Austro húngaro (un músico e unha cantante de cabaret ) que percorren a Europa do século vinte con todos os seus avatares políticos, que lles fan mudar continuamente de país, coma calquera emigrante ilegal dos nosos tempos. Doses de humor e picaresca do cabaret non lle faltan. Eso si, ¡repertorio alemán!