aturuxo bar|bueu

 

ACTUACIÓN

Aturuxo > Arquivo de actuacións > Outubro 2002 > Sex Museum (06-10-2002)
Domingo 6 de outubro de 2002 | Música
Sex Museum
(Rock)
22:00 h / 6,00 euros

Os veteranos Sex Museum visitan o Atu para presentar Speedkings. Neste novo traballo todo a súa experimentación previa convértese nunha realidade da que sacan o máximo partido.

Cargado dun ambiente denso e eléctrico, en Speedkings o grupo logra que toda a súa potencia se vexa aumentada gracias a que na súa maior parte está gravado en directo, agás a voz e algunhas guitarras. O resultado é un son tan salvaxe como o que exhiben en vivo e, á vez, unha riqueza de texturas que nos fai viaxar coa mente.

A súa persoal e actual mestura de hard rock, garage e psicodelia mantenos tan afastados coma sempre da realidade musical española, pero ó mesmo tempo convérteos nunha das propostas máis interesantes e orixinais da tempada.

Speedkings é un disco completo, sen cancións de recheo, onde pasaxes impresionantes do mellor rock flúen con naturalidade ó longo de cada un dos temas.

Sex Museum entende a música do mesmo xeito cós grandes grupos dos 70: gran cantante, excelentes músicos, unión total do grupo, pero teñen algo que os fai únicos, e é o seu estilo. Poderiamos falar do estilo Sex Musem, cheo de dinámicas e enerxía, e no seu último traballo atopamos o seu mellor momento.