aturuxo bar|bueu

Hoxe: João Gentil e Luís Formiga
 

ACTUACIÓN

Aturuxo > Arquivo de actuacións > Setembro 2002 > Karbon 14 (29-09-2002)
Domingo 29 de setembro de 2002 | Música
Karbon 14
(Metal crossover, León)
22:00 h / 3,50 euros

Karbon 14 formouse en León a finais de 1998. Os seus compoñentes proceden de destacadas bandas leonesas coma Penitent Trees e Terremotors (gañadores do concurso de rock organizado pola Deputación de León en 1994).

Karbon 14 é un grupo hiperdinámico cunha tralla composta por ritmos malvados, riffs de guitarra sinistros, voces irónicas e letras rabiosas. Segundo a prensa especializada, o seu son é metal crossover, algo así coma unha mestura saborosa entre o grunge, o hardcore e o metal. Escoitan grupos coma Korn, Deftones, Limp Bizkit, Incubus, Machine Head, Hamlet... aínda que tamén sinten auténtica paixón polo que foi o son Seattle, banda coma Nirvana, Alice In Chains, Pearl Jam, Soundgarden...

Compoñentes

  • Ivahn Fidalgo: voz e guitarra.
  • Yoyes: guitarra.
  • Rubo: baixo.
  • Chucky: batería

Visita a web de Karbon 14