aturuxo bar|bueu

 

ACTUACIÓN

Aturuxo > Arquivo de actuacións > Novembro 2006 > Ocean's Garden (26-11-2006)
Domingo 26 de novembro de 2006 | Música
Ocean's Garden
(Lugo)
21:30 h / 5,00 euros

Ocean's Garden foi formado por varios músicos lucenses como un proxecto innovador cuxo obxectivo era fusionar o rock clásico e a música progresiva dentro dun marco sonoro dominado polas novas tendencias.

Despois de catro anos de evolución forzada en salas e festivais presentan en Bueu un adianto dun novo traballo que logo sairá a rúa: Timeflexia. Unha volta o rock sen esquencer os matices progresivos que lles confiren un estilo propio alonxado de convencionalismos e etiquetas.

O grupo está formado por: Toni Liz (guitarra), Óscar Liz (baixo), Iván Reija (batería), Nuno A. Novo (percusión), Adrián Arias (piano) e Abel Mouriño (voces).

Visita a web de Ocean's Garden