aturuxo bar|bueu

 

ACTUACIÓN

Aturuxo > Arquivo de actuacións > Maio 2006 > Bruno T Ford (26-05-2006)
Venres 26 de maio de 2006 | Música
Bruno T Ford
(Pop / Country / Rock & roll, Alemaña)
22:00 h / 3,00 euros

Alemán recentemente afincado en Pontevedra, deuse a coñecer na Galiza (e tamén no Aturuxo de Bueu) como cantante do grupo Río Bravo, coñecido grupo que pasaba os veráns na Galiza de xira nun camión de bombeiros.

Agora en solitario, Bruno interpreta en clave de concerto acústico tanto composicións propias como versións nas que trasmite a súa gran enerxía nun repertorio de cancións que abarcan o Pop, o Country e o Rock&Roll.