Tras 7 anos coma líder, compositor e cantante da banda de rock biscaína Sasoi Ilunak, Txuma Murugarren comezou a súa andadura en solitario hai 3 anos. Estreouse cun disco acústico de cancións desnudas titulado Nere leihoak (As miñas fiestras).
Contra o nadal de 2001 publicou o seu segundo traballo, un disco esta vez eléctrico, rockeiro, que amosaba camiños amplos. Reuniu un grupo de músicos de calidade para lograr unha sonoridade rockeira de aire moderno baixo o título Hegazkinen arima (O espírito dos avións).
Actualmente é un dos nomes máis importantes do que poderiamos calificar coma rock de autor en Euskadi.
Compoñentes:
Actuación pertencente ó programa Artistas en Ruta da AIE