Logo de case 5 anos de silencio discográfico, que non artístico, Liorna responde á chamada da materialización da súa obra ofrecendo un novo proxecto elaborado con 14 temas de autoría propia, onde unha vez máis conflúen distintos matices e frecuencias que definen o estilo ecléctico do seu repertorio.
Así, as esencias tradicionais desenvólvense entre acenos pop e brillos clásicos, que conforman un son propio e característico e revelan unha vez máis a sincera expresión dos seus membros e das distintas procedencias artísticas.
É destacable a selección de temas nos que dominan as creacións vocais (9) sobre as puramente instrumentais (5), nunha clara e patente necesidade de transmitir conceptos e ideas, o que obriga tamén a e reconsiderar o feito compositivo, pois a voz convértese nun dos instrumentos máis presentes.