aturuxo bar|bueu

 

ACTUACIÓN

Aturuxo > Arquivo de actuacións > Maio 2002 > «Cartafol de ronseis»  (19-05-2002)
Domingo 19 de maio de 2002 | Teatro
«Cartafol de ronseis»
21:30 h / 2,50 euros

Cartafol de Ronseis é unha novidosa e atraínte mestura de teatro e literatura. Baixo este título agóchase unha obra teatral na que o personaxe central é un suposto Carballeira que vai dando pé a recitados literarios por parte de entes que aparecen e desaparecen do escenario.

Desta maneira, danse cita en escena autores da súa xeración (Amado Carballo, Manuel Antonio, Castelao...) xunto a artistas anteriores a el (Curros Enríquez, Alfredo Brañas) e mesmo posteriores (Fran Alonso, Celso Emilio Ferreiro, Méndez Ferrín). Tamén se inclúen textos de autores estranxeiros, de Carballeira, dos propios autores e coplas tradicionais.

Todo isto mestúrase cunha procurada innovación escenográfica e audiovisual, con recitados de poemas a varias voces e atrevidas postas en escena, ademais do apoio de diapositivas e son.

É un espectáculo teatral concibido para a ocasión por mozas e mozos de Bueu e por estudiantes de xornalismo en Santiago, para rescatar da memoria ó Carballeira xornalista ilustre.