aturuxo bar|bueu

 

ACTUACIÓN

Aturuxo > Arquivo de actuacións > Novembro 2005 > Gustavo Almeida & Brasilian Night (13-11-2005)
Domingo 13 de novembro de 2005 | Música
Gustavo Almeida & Brasilian Night
21:30 h / 5,00 euros

Gustavo Almeida, brasileiro nacido en Río de Xaneiro hai 27 anos, leva a música no sangue. Fillo da consagrada cantante brasileira Elen de Lima, este cantante e compositor percorre Europa dende hai 6 anos coa súa guitarra acústica. Só ou coa súa banda BraSilian Night, ten levado a súa música e a música do seu país natal por todos os recunchos de Galiza, tendo pasado tamén por Madrid, Logroño, Barcelona, Asturias, Norte de Portugal, Italia, …

Ten mantido contacto con grandes nomes da Música Popular Brasileira cos que mesmo tivo o pracer de compartir escenario. Gilberto Gil, Caetano Veloso ou Djvan son tres artistas con grande influencia na súa formación musical.

Acostumado a actuar en locais pequenos, desenvolveu unha relación moi íntima co público. Coa aparición de BraSilian Night, banda creada por el mesmo, deu o salto a escenarios grandes, pasando a telonear a artistas da talla de Antonio Orozco, Mercedes Peón, Jarabe de Palo, etc.

Por si me escuchan é o seu último álbume, está composto por temas propios en portugués e en español. Xoga cos ritmos e coa súa voz, que é o fío conductor entre as cancións. Os dous discos anteriores "Live I" e "Live II" foron gravados en directo facendo un repaso á música brasileira.