Falar de Boikot é falar dunha das bandas máis representativas do panorama musical actual de rock no Estado. Formados en 1987, ó longo deste tempo o grupo editou 9 discos, un libro-vídeo e mesmo creou o seu propio selo, Producciones BKT.
No seu último traballo, De espaldas al mundo, Boikot desenvolve un ritmo frenético, con grandes riffs guitarreiros, melodías traballadas e un son de batería que é unha auténtica apisonadora.
Putamiseria ten un estilo propio, facendo unha mestura entre punkrock, ska, heavy... cun son de batería moi potente. O que máis caracteriza ó grupo é a provocación, algo que se lle dá bastante ben. Un grupo sen pelos na lingua, atacando o fascismo, a igrexa, os políticos, a policia, aos sindicatos, as ETTs...
Un grupo diferente ós outros, sobre todo en directo, polo seu espectáculo de teatro, con disfraces vacilóns e provocadores. Sobre todo moito humor con mala ostia.