aturuxo bar|bueu

 

ACTUACIÓN

Aturuxo > Arquivo de actuacións > Maio 2002 > Cheb Balowski (01-05-2002)
Mércores 1 de maio de 2002 | Música
Cheb Balowski
(Mestizo, Barcelona)
21:30 h / ANT:5,00 euros / TAQ:6,00 euros

A banda barcelonesa Cheb Balowski estará este próximo 1 de maio no Aturuxo presentando o seu primeiro traballo, Bartzeloona, un total de 12 cancións gravadas durante o mes de xullo nos estudios Katarain de Nafarroa, baixo a dirección técnica de Ángel Katarain e a producción de Íñigo Muguruza (ex compoñente de Kortatu, Negu Gorriak e Joxe Ripiau, e actualmente no grupo Sagarroi).

Variedade estilística baixo unha visión mediterránea de ritmos e maneiras de entender a vida: mestizaxe musica a base de ragga, salsa, ska, rap, raï, patxanga..., letra comprometida e costumista en catalán, árabe, francés e castelán, xove espiritualidade e regusto que permite viaxar de Alxer a Marsella pasando por Sicilia, e ó volver a Barcelona preguntar se a banda sonora era de Manu Chao, Dusminguet ou Cheb Khaled.

Cheb Balowski son:

  • Yacine Belahcene Benet: voz, karkabús e bendir
  • Dani Clavera Fontquerni: batería
  • Santi Eizaguirre Anglada: guitarra e coros
  • Jordi Ferrer Savall Tito: trompeta e coros
  • Isaac García Sánchez Agüelo: congas, bongó e darbuka
  • Jordi Marfà Vives Marfi: violín, voces e coros
  • Marc Llobera Escorça: baixo
  • Arnau Oliveres Künzi: pailes, campás, guache e flaga
  • Daniel Pitarch Fernández: piano e teclados
  • Marcel Pié Barba: saxo alto, voz e coros
  • Xavi Requejo Colomer Reke: guitarra
  • Isa Vinardell Fleck: bailaora, voz e coros á Paloma