aturuxo bar|bueu

Hoxe: João Gentil e Luís Formiga
 

ACTUACIÓN

Aturuxo > Arquivo de actuacións > Abril 2005 > «Unha noite no muíño non é nada» Davide Salvado & Pepa Yáñez (24-04-2005)
Domingo 24 de abril de 2005 | Música
«Unha noite no muíño non é nada»
Davide Salvado & Pepa Yáñez
(Cabaret d'Aquí, Galiza)
21:30 h / 4,00 euros
Procedentes do mundo da música tradicional e folk, entre outros estilos, estes artistas galegos achégannos por primeira vez o xénero do Cabaret Daquí, unha incursión polo cabaret desde a óptica da cultura popular galega, un show musical que bebe das fontes do tradicional no que non falta teatralidade e comicidade. Por que a noite, a festa, a paixón e a luxuria, como no Moulin Rouge, deuse no muíño, porque unha noite non é nada e unha semaniña enteira sí que é foliada. Por esta razón, e por outras máis, Davide e Pepa dispóñense a “saír da artesa” para deixar fluír sen prexuízo as súas innatas habilidades para o espectáculo. Neste exercicio de terapia artística identitaria os nosos protagonistas sumérxense en caldeiros de purpurina e destapan os Crooner que levan dentro, mesturan vellas e novas músicas ata a hibridación total e reviven fórmulas de fenómenos da canción de éxito -ou non-, que foron aparecendo pola discografía galega das últimas décadas.