aturuxo bar|bueu

 

ACTUACIÓN

Aturuxo > Arquivo de actuacións > Abril 2002 > Tugores (28-04-2002)
Domingo 28 de abril de 2002 | Música
Tugores
(Música mediterránea, Baleares)
21:30 h / 4,50 euros

Jaume Tugores presenta o seu primeiro disco, Anche lui è qui. Nove temas que son froito dun longo proceso de maduración e que pretenden describir lugares, persoas ou momentos importantes na vida do compositor. Cada tema é coma unha pequena historia, explicada polos cinco instrumentos acústicos do grupo, que aportan diferentes características do que a música representa.

Esta descrición faise utilizando elementos de diferentes músicas do mundo (sobre todo mediterráneas), e algúns dos recursos de composición e arranxos da música para películas.

O disco é ademais, como o seu título indica, unha dedicatoria ó compositor Ennio Morricone.

Actuación pertencente ó programa Artistas en Ruta da AIE