aturuxo bar|bueu

Hoxe: “Cocktail máxico” Mago Cali
 

ACTUACIÓN

Aturuxo > Arquivo de actuacións > Abril 2002 > Tumbling Dice (21-04-2002)
Domingo 21 de abril de 2002 | Música
Tumbling Dice
(Rock & Roll, Vilagarcía)
21:30 h / 3,50 euros

Esta banda de rock & roll vilagarciana comezou a súa andaina en 1996 cunha serie de concertos na comarca do Salnés nos que combinaban temas propios con versións de clásicos coma Rolling Stones, AC/DC ou The Who. En 1998 autoeditaron un disco con nove temas propios, do que chegaron a vender 1500 copias pese á falta de apoio discográfico e institucional.

Nestes seis anos, Tumbling Dice fixo varias actuacións nos programas de televisión Que Serán e Chambo, e compartiu escenario con Barón Rojo, Los Enemigos e Sugarless.

O grupo prepara agora un novo CD con temas inéditos, tamén editado de maneira independente.