Luns 23 xullo de 2018 • 21:30 h Música | 9€ ant. / 12€ bill.

La Negra & El Panky (Ao aire libre 🌳🌿)

La Negra & El Panky (Ao aire libre 🌳🌿)

Amparo Velasco foi artista desde que naceu sen que tan sequera ela o soubese. Así de simple. O seu inicio no mundo musical produciuse en 2006 dentro do selectivo concepto artístico que significou Casa Limón. Antes, comezou a sentir o respecto por traballar con artistas flamencos da calidade suprema de José Mercé ou Vicente Amigo. Sen dúbida, inmellorables mestres. O seu primeiro traballo poderíase considerar como de sorpresa moi agradable. Todos, sen excepción encomiaron a súa marabillosa e sorprendente voz, nova e diferente. Naceu para todos ‘La Negra’.

Pasou moito tempo, quizais demasiado, ata ter novas noticias da Negra ‘La que nunca’ foi editado no 2012 e seguía mantendo un toque de aire e calidade marabilloso. O Jjazz e os ritmos africanos e latinos teñen presenza xunto a unha inevitable raíz flamenca. Ninguén se parecía a ela. Era diferente.

2016 debe ser o ano da súa consagración definitiva como unha gran cantante que sabe como ninguén emocionar coas súas cancións. Ningún profesional como Juan Fernández ‘Panki’ para deseñar un traxe á súa medida a esta gran artista na súa vertente máis aromática musical e de sentimento.

Colores’ sorprenderá. Non é un disco máis é un excelente e marabilloso traballo cheo de emocións en forma de música. Jam, Parar, Corazón nuevo, Secreto de la vida, Como flores de abril, libre… Doce cancións, doce historias diferentes, 12 capítulos que se cravarán no corazón dos sensibles que aman a música de calidade.

Entradas anticipadas dispoñibles en Entradium.

comments powered by Disqus