Domingo 25 febreiro de 2018 • 20:30 h Música | 6€ con consumición mínima

Brigan (folk, Italia)

Brigan (folk, Italia)

Brigan nace no 2009 do encontro de tres músicos da rexión sur italiana de Campania, unidos polo interese e a pasión pola música tradicional dos pobos da área céltica.

O seu disco debut Irish Roots (2010) estaba dedicado integramente á música da arpista irlandesa T. O’Carolan. En 2011, coa publicación do segundo disco Ti sfondo i bodrhàn – tradizione e contaminazione, nace e se desenvolve a idea de emprender un novo proxecto: fusionar a sonoridade e as rítmicas da música celta e da música tradicional do sur de Italia.

O traballo de investigación e estudio dos repertorios tradicionais de grande parte da área celta (Bretaña, Irlanda, Galicia e Asturias) consolídase coa publicación en 2014 do seu terceiro álbum Transumanza Sonora.

Os numerosos concertos e estancias en España e Portugal levan a Brigan a dedicarse enteramente á aprendizaxe e revisión dos repertorios tradicionais da área íbero-celta, a través da investigación de campo, intercambios e colaboracións con músicos locais. Tamén estudian os múltiples instrumentos e lenguaxes tradicionais con varios expertos en folklore, en especial co etnomusicólogo, investigador e constructor de instrumentos antigos Pablo Carpintero dende Galicia e Alberto Jambrina dende Zamora.

Brigan colabora actualmente con diversos músicos italianos e extranxeiros entre os que se atopan Xurxo Fernándes e Pandeireteiras sen fronteiras, Harry. C (Milladoiro), Ramón Rodríguez Gómez (ex-Coetus), Massimo Ferrante, Giovanni Saviello, Aldo Grillo (Progetto cala la sera), Xulio Lorenzo, Efrén López Sanz, Davide Salvado.

comments powered by Disqus