Sábado 10 febreiro de 2018 • 23:00 h Música | 10€ ant. / 12€ bill.

D'Callaos (en acústico)

D'Callaos (en acústico)

Unha ocasión única para gozar das súas cancións nun formato íntimo e próximo que desborda paixón e elegancia. Un repaso ás cancións dos seus discos de estudo adaptadas a un espectáculo de proximidade e complicidade no que o público se atrapa e emociona alá por onde pasa.

Neste espectáculo participan os músicos Daniel Felices ás guitarras acústicas e flamencas, Sergio Martín co seu set de percusión (caixón, djembé, tinajas, shakers…) e Maribel Martín “La Canija” coa súa inconfundible voz rasgada.

No repertorio deste espectáculo, D’Callaos ofrécenos un repaso a todos os seus anteriores discos de estudo, engadindo ao repertorio algunhas adaptacións de temas clásicos como “Nostalgias” cun aire flamenco e grandes dose de sentimento. Tamén interpretan algunhas versións de temas flamencos, boleros…

Ou mesmo unha adaptación moi persoal dun tema de David Bowie que máis tarde fixo popular o grupo americano Nirvana. Un espectáculo cargado de emocións e sentimento que permite achegar a música de D’Callaos todos os públicos sen importar as súas preferencias musicais, idade…

Entradas á venda en entradium.com

comments powered by Disqus