Domingo 8 outubro de 2017 • 20:30 h Música | 10€ ant. / 12€ bill.

Pedro Pastor y Los Locos Descalzos

Pedro Pastor y Los Locos Descalzos

Presentando “SoloLuna”.

SoloLuna’ é o círculo onde conviven a viaxe e o fogar, o movemento e a quietude, a lúa e o sol, o individual e o colectivo; o punto en común entre quen son e quen querería ser, o meu centro e o meu equilibrio, un camiño cara a unha mesma e cara á terra ao mesmo tempo.

Miles de quilómetros percorreron estas cancións, novos ritmos e sons, unha entretida procura, unha exploración constante sen principio nin final, pois todo habita en todo e a vida é, en si mesma, a viaxe.

Unha vez máis, como os discos anteriores, SoloLuna será autoeditado, con todo o que iso leva, pois foi confeccionado con todo o mimo, traballo e agarimo que tiñamos.

Seguimos, por agora, no arduo pero satisfactorio camiño da autoxestión.

Salvando intermediarios, non existe unha comunicación máis directa entre oínte e autor.

O novo disco só poderá conseguirse nos concertos ou solicitándoo na web.

SoloLuna é de todas e cada unha das persoas que me crucei no camiño e, sobre todo, é das loitadoras, soñadoras, realistas, as amables, agradecidas, insumisas, insurrectas, das artistas, libertarias, altruístas, empáticas, persoas que idean a idea, acto a acto, canción a canción estamos a transformar o mundo nun espazo máis habitable.

Este disco é teu se o sentiches.

Vémonos na vida.

Entradas anticipadas xa á venda en wegow.com.

comments powered by Disqus