Martes 25 xullo de 2017 • 21:30 h Música | 4€ ant. / 6€ bill. | Ao aire libre 🌿🌳

Gelria

Gelria

Entradas anticipadas á venda no local e mais en entradium.com

Gelria é un trío de músicas do mundo integrado por músicos de formación clásica: Federico Mosquera, piano (Profesor de Codarts, Conservatorio de Rotterdam e compositor con obras estreadas pola Sinfónica de Galicia; Elena Tarrats, cantante (tamén actriz en series como Cuéntame cómo Pasó) e Mario G. Cortizo, percusionista (freelance da Orquestra do Gran Teatre del Liceu ou a Sinfónica de Galicia). Residentes en Barcelona e Rotterdam, o trío xa presentou as súas músicas en Amsterdam, Amersfoort, Barcelona e Galicia.

Gelria vén de presentar o seu primeiro traballo Cantos de Poeta no mes de abril, e xa é o 5º libro máis vendido segundo o Taboleiro do Libro Galego na categoría de libros con CD, con máis de 400 copias vendidas.

Co apoio da Rede Galega de Música ao Vivo.

http://www.gelriamusica.com

comments powered by Disqus