Luns 1 maio de 2017 • 21:00 h Música | 5€

Igelaren Banda (Euskadi)

Igelaren Banda (Euskadi)

[Co apoio de Artistas en Ruta da AIE]

Igelaren Banda xurdiu cara a 1998 e no ano 2000 editou o seu primeiro disco.

A formación actual é: Bixente Martinez, guitarra, Hasier Oleaga, bateria e Amaiur Cajaraville, contrabaixo, e comezou a súa andaina na primavera do 2011.

No outono de 2015 presentou o seu novo disco, ‘Debalde festa’ (Elkar KD 936), enteiramente dedicado ás melodías usadas polos bersolaris. Son algunhas das melodías que os bersolaris usan máis frecuentemente, e no disco podemos atopar tanto melodías tradicionais ‘Xarmangarria zira’ ou ‘Erreguetan’, como melodías compostas por músicos de hoxe en día, ‘Ilun ikarak’ de Imanol, ou ‘Ezin ahaztu’ de Oskorri.

A Igelaren Banda gústalle moito a improvisación, e o quefacer dos bersolaris baséase tamén enteiramente na improvisación, e este é un dos motivos deste traballo.

As melodías que usan frecuentemente os bersolaris teñen dúas características principais, adoitan ser melodías musicalmente fermosas, redondas e elegantes, e ademais son moi adecuadas para contar e desenvolver historias.

Neste ‘Debalde festa’ pretenderon facer versos sen palabras. Melodías con total liberdade, buscando camiños novos harmónica, rítmica e melodicamente, e deixando sempre moito sitio á improvisación. E nos concertos tamén dan moita importancia á improvisación. Isto é o que os fai especiais.

Hasier Oleaga é un músico novo pero con moita experiencia. É colaborador habitual de Iñaki Salvador ou Ruper Ordorika, entre outros.

Amaiur Cajaraville, tras un pasado como rockeiro greñudo, centrouse no contrabaixo nos últimos anos. É colaborador habitual de Benito Lertxundi, Aiko ou Mikel Markez, entre outros.

Bixente Martinez é membro fixo de Oskorri, e tamén fundador de Hiru Truku, ademais de tomar parte en moitos outros proxectos, tamén para teatro ou producións audiovisuais.

É dicir, nesta Igelaren Banda músicos novas e veteranos todo nun.

comments powered by Disqus