Domingo 30 outubro de 2016 • 21:00 h Música | 5€

Golden Slumbers (folk, Portugal)

Golden Slumbers (folk, Portugal)

Despois dun ben recibido EP de estrea, ‘I Found the Key’, de onde saiu o single ‘My Love is Drunk’, e dunha nominación para a categoría de Artista Revelación nos Portugal Festival Awards 2015, Golden Slumbers presentan ‘New Messiah’, tema de avance do primeiro LP deste dúo de folk composto polas irmás Cat e Margarida Falcão.

Da felicidade e a euforia ao desánimo e a melancolía, pasando pola negación, ‘New Messiah’ relata os varios estados de espírito dunha alcohólica. É con este tema co que Golden Slumbers abren as hostilidades para o segundo capítulo da súa aínda curta existencia.

Actuación participante no programa Artistas en Ruta da AIE.

Formación:

  • Catarina Falcão - voz e guitarras (acústica e eléctrica)
  • Margarida Falcão - voz e guitarras (acústica e eléctrica)
  • David Santos - baixo eléctrico
  • António Vasconcelos Dias - batería
  • Zé Guilherme Vasconcelos Dias - teclado

http://www.goldenslumbersband.bandcamp.com

comments powered by Disqus